Autora: Mª Elena Suárez Silva
A Presidenta
TEMPO PARA TI-LUGAR PARA TODOS
A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos é unha entidade sen ánimo delucro que se centra na animación sociocultural e na intervención sociocomunitaria,ofertando actividades e servizos no ámbito autonómico. Está situada no Concello
de Teo (urbanización Os Tilos), conta con usuarios e usuarias doutros concellos próximos como son Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, A Estrada, ...
Na actualidade superamos o número de 900 familias (500 renovaron a súa cota o curso 2009-2010), que forman parte da Asociación, cunha asistencia diaria dunhas 200 persoas entre o Club San Francisco Teo e a A.R.C. Os Tilos) que acoden a participar nas diferentes actividades que ofrece a mesma.
O seu horario de apertura é de luns a venres de 16:00 a 22:30 horas, e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
A Asociación atende ás necesidades e inquietudes dos diferentes colectivos de idade: infancia, xuventude, adultos e persoas maiores. Destacando entre eles aos menores e a ás persoas maiores, con proxectos máis específicos dos que poden elixir entre diversas actividades. É unha entidade activa, aberta durante todo o ano, onde a Conciliación Familiar, Laboral e Persoal é o motor da entidade.
Destacando actividades como a Aula de Xogos e os Campamentos Urbanos durante todos os períodos de vacacións escolares (enténdanse por eles: Nadal, Entroido, Semana Santa, finais de Xuño, os meses de Xullo e Agosto, e os primeiros días de Setembro).
Debido á gran participación por parte de tódolos grupos de idade e ás necesidades que estas demandan, nace “Tempo para Ti-Lugar para Todos”, que é un proxecto sociocultural, educativo e lúdico que engloba tódolos proxectos
por grupos de idade e ademais tódalas actividades diarias e puntuais, que se realizan ao largo dos 365 días do ano.
A Asociación conta cos seguintes Proxectos Sociais por grupos de idades, faremos unha pequena presentación de ditos proxectos para ver unha mostra de quen somos e que facemos, para despois seguir presentando a nosa entidade.
PRIMEIROS PASOS.
Este proxecto ten como destinatarios aos máis pequenos e pequenas, nenos e nenas de 0 a 3 anos. Os beneficiarios e beneficiarias directas son os nenos e nenas, como beneficiarios e beneficiarias indirectas temos ás familias dos e das participantes, xa que sempre están acompañados polos pais, nais, titores, …
As actividades realizadas en Primeiros Pasos teñen carácter semanal, polo que os participantes teñen unha cita unha vez á semana dende o mes de outubro ata xuño. Ditas actividades son de balde para as socias e socios da entidade.
Nesta cita semanal trabállanse distintos campos como son: a psicomotricidade (tanto grosa como fina, con esta última os primeiros tanteos), expresión corporal, iniciación á lectura, expresión musical (cantando cancións e practicando a escoita,…), obradoiros de cociña, obradoiros onde se traballan os distintos sentidos, … e así acadar uns vínculos afectivos máis fortes, ademais da estimulación sensorial e
psíquica.
AULA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL
Esta aula é coñecida a nivel máis coloquial, como Aula de Xogos, onde os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, quedan baixo a responsabilidade do persoal que traballa nela, mentres os seus pais, nais e titores
poden dispor de tempo para si, de aí o nome de Aula de Conciliación Familiar,Laboral y Persoal.
Esta aula ofrece cen prazas por trimestre con unha programación trimestral de actividades, entre as que non faltan semanalmente: animación á lectura, cociña,
psicomotricidade, informática, obradoiros e proxectos temáticos como son educación vial, medioambiental, cultural, corresponsabilidade doméstica, ponte no seu lugar, … e ademais acompáñase aos nenos e nenas ás actividades que poidan ter dentro da Asociación como do Club San Francisco Teo (entidade coa que colaboramos), tanto á entrada como á saída da mesma.
Durante a tarde existe un tempo para a realización dos deberes, baixo apoio pedagóxico, e un tempo para a merenda, onde se inculca unha alimentación saudable, ademais dunhas normas de hixiene.
A asistencia diaria supera os 60 usuarios e usuarias, pero este número medra indirectamente. O trato coas familias é individual e personalizado, xa que o seguimento diario dos nenos e nenas fai que se traballe, cando é necesario, coas familias á hora de detectar cambios de comportamento.
Aínda que se entenda como unha aula lúdica, non se queda só en xogos, senón na transmisión dunha educación global para a convivencia social. Nesta liña, cabe mencionar o enriquecemento intercultural que aportan os voluntarios europeos implicados no proxecto.
O CLUB DOS PIRATAS
Este proxecto é a continuación da Aula de Conciliación Familiar, Laboral e Persoal e é o paso previo ao Club Xuvenil. Os destinatarios e destinatarias deste club son os rapaces e rapazas de 9 a 12 anos (coa salvedade de dar opción aos nenos e nenas de 8 anos que pertencen á Aula de Xogos de incorporarse ao Club dos Piratas). Reúnense dous días por semana para realizar diferentes actividades como poden ser: baile moderno, obradoiros temáticos (valores, publicidade, corresponsabilidade doméstica, …), grandes xogos, teatro, manualidades,dinámicas, xornadas de convivencia,colaboración na organización de celebracións populares, …, ademais de programar saídas culturais e de ocio, sempre acompañados polos responsables do grupo (animadoras e monitoras).
A maior prioridade deste club é comezar a fomentar a autonomía persoal e a reforzar os lazos entre iguais, posto que a estas idades empezan os cambios a nivel físico e psíquico, tendo en conta tamén o cambio do colexio ao instituto, que inflúen na súa vida diaria e social. Neste momento, é necesario crear un espazo de encontro, que enriqueza e reforce os seus valores persoais.
O CLUB XUVENIL
Este club está destinado a rapaces e rapazas con idades a partir dos 12 anos. Reúnense todos os venres para planificar as actividades que van a realizar os sábados ou durante o ano.
Baixo a supervisión do persoal que traballa na entidade (destacando aos educadores e animadoras), e dunha forma autónoma programan actividades, que se poden realizar tanto dentro, como fora da entidade, como poden ser rutas de
sendeirismo, saídas de ocio como á pista de xeo, á boleira, grandes xogos que se desenrolan nas rúas de Santiago de Compostela, excursións, implicación na organización das distintas celebración populares da entidade, dinámicas, xornadas de convivencia, ...
ESCOLA DE NAIS E PAIS
Esta escola crease coa intención de ser un punto de encontro entre pais e nais dos nenos e nenas, que participan nas actividades e proxectos da Asociación. Reúnense en sesións quincenais de dúas horas de duración para traballar diferentes temas que poidan preocupar ou ser de interese para as nais e pais en relación cós seus fillos e fillas, como poden ser: inculcar unha boa alimentación,a seguridade que existe en internet, que alternativas de ocio se ofertan na sociedade, a través de coloquios e dinámicas trabállanse os diversos temas nos que poidan ter máis inquietudes.
O CLUB DOS MAIORES
O único requisito para formar parte deste club é ser maior de 60 anos e ter abonada a cota de socio ou socia. As actividades programadas son de balde, entre as que teñen un amplo abano con actividades como:
manualidades,ximnasia,obradoiro de memoria, informática, teatro, xadrez, pandeireta, baile, … ou asistir a todas dependendo dos seus intereses. Ademais destas actividades, ao longo do ano fanse diversas saídas que poden ser culturais ou de benestar planificadas pola educadora e ou animadora, como por exemplo: unha tarde no balneario (unha das 5 máis demandas polo grupo de maiores), andainas de sendeirismo, saídas culturais, ...
Ademais destes proxectos, que son máis específicos por grupos de idade, hai unha ampla oferta de actividades mensuais para todas as idades como son:
Costura, Labores, Manualidades, Gaita, Pandeireta, Inglés, Ximnasia, Aerobic, Pilates, Danza para nenos e nenas, Baile Moderno, Pintura Creativa, Ximnasia Rítmica, Informática, Cociña, Charlas, ...
Esta non é a única oferta lúdica e cultural que propón a entidade, posto que ao longo do ano existen actividades puntuais como son as distintas celebracións que organizamos como son: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, Día da Muller
Traballadora (onde obsequiamos ás mulleres con tempo para si, cunha xornada especial na que nos quedamos cos nenos e nenas ata as 12 da noite. Despois da cea,
realizamos xogos e dispoñemos de espazo por si algún quixese durmir), a Semana do Libro, o Trimestre Intercultural, a clausura de fin de curso, ...
Destas actividades hai que destacar, que no mes de decembro celebrase o Concurso de Poesía Anomar, que é unha das grandes apostas que ten a Asociación polo uso da lingua galega a través das obras que presentan os e as participantes.
Este concurso xa vai pola súa sétima edición, coa participación de escolares de diferentes puntos da comarca e contando no xurado con Rafa Villar, Chelo Suárez,
Alba Cid e con poetas e escritores que apoian cada ano esta iniciativa cultural.
Outra das actividades máis destacada é o Trimestre Intercultural que, con apoio do persoal da entidade, realízano os Voluntarios Europeos que elixen como
entidade de acollida a Asociación. Estes voluntarios e voluntarias, veñen a través do Servizo do Voluntariado Europeo (SVE), onde eles mesmos escollen o proxecto
que máis se axusta aos seus intereses, ademais de aprender un idioma, realizan actividades lúdicas e culturais con beneficio persoal e laboral para ambas partes.
Este Trimestre Intercultural, non só é importante para os voluntarios e voluntarias europeas, na Asociación encontramos xente de diversas nacionalidades, que fan
deste trimestre un encontro de culturas e participan activamente nas actividades previstas nestes días, finalizando cunha festa intercultural, que é a que da fin a este tempo de coñecemento de diferentes tradicións culturais, gastronómicas, de todo o mundo.
Todas estas actividades e pequenos proxectos por grupos de idades lévanse a cabo grazas aos diferentes profesionais que traballan na entidade, que coa súa labor diaria, fan que as persoas que se acercan á entidade poidan ter a confianza
suficiente de que as súas demandas e inquietudes van a ser atendidas, posto que a relación entre os profesionais e os usuarios e usuarias é directa, procurando dar alternativas e solucións, a todo aquelo que lles preocupa. Converténdose así, a Asociación, nun lugar onde cada persoa é importante e se lle escoita, se lle axuda na medida en que sexa posible e se lle proporcionan orientacións, asesoramento e
solucións para as súas preocupacións, é dicir, que se transforma nunha gran familia que persegue unha convivencia activa e participativa entre todos os grupos
de idade.
Equipo de traballo da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos:
A Asociación cubre un papel formativo moi importante xa que ten asinados varios convenios de formación coa Universidade de Santiago de Compostela, onde os alumnos e alumnas das titulacións de Educación Social, Pedagoxía e Psicopedagoxía fan as súas prácticas, así como a Consellería de Educación onde temos alumnos e alumnas Técnicos en Animación no Tempo libre e Técnicos en Animación Física- Deportiva, tamén fan as súas prácticas as alumnas e alumnos
de FESAN, Don Bosco, que fan o curso de Monitor de Tempo Libre e recentemente asinamos un convenio con FORGA para as prácticas en tempo libre.
Temos que dicir que a Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos non podería concibirse sen o Club San Francisco Teo, co que colabora e comparte edificio, xunta directiva, e persoal, o seu lema é UNHA ALTERNATIVA Á RUA. Ao igual
que a Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na parte deportiva, de aí a súa complementación coa Asociación. As modalidades deportivas que oferta son: Judo, Karate, Xadrez, Fútbol Sala, Fútbol Americano e Flag Fútbol.
En todas elas, temos unha alta participación feminina e nas artes marciais contamos con campións galegos, estando presentes nos campionatos nacionais e internacionais. Con respecto ao Fútbol Americano somos o primeiro Club galego
que o incorpora na súa oferta deportiva e esta temporada, participamos na liga Portuguesa. Contamos con máis de 300 deportistas de distintas idades nas diversas modalidades deportivas.
Algunhas imaxes das distintas modalidades deportivas do Club San Francisco Teo:
Ademais das actividades propias, tanto o Club como a Asociación fai colaboracións co Concello de Teo e outras entidades asociativas tanto de Teo como con concellos
limítrofes, ben cedendo as instalacións ou colaborando de forma voluntaria en diferentes proxectos e actividades.
As instalacións que temos son os baixos parroquiais, cedidos en precario por 30 anos polo Arcebispado, o pavillón e a piscina Municipal que nos presta o Concello de Teo, esta última para os campamentos de verán.
Con respecto ao financiamento contamos co financiamento propio (ingresos dos proxectos e actividades), contamos tamén con subvencións do Concello de Teo, Deputación de A Coruña e Xunta de Galicia. O persoal co que contamos é unha Pedagoga, con contrato laboral fixo, unha administrativa, con contratos temporais, dúas animadoras socioculturais, con
contratos temporais e os monitores e monitoras das distintas actividades que son contratados pola entidade ou son autónomos.
Temos persoal que nos concede a Xunta de Galicia a través do programa de Cooperación, algo que é fundamental para o desenvolvemento de tódolos nosos proxectos posto que así, podemos contar con outro pedagogo, educador social,animadores socioculturais, persoal de limpeza, e persoal de apoio. Todo isto, quere dicir que non se fai ningún pago en “negro”, somos senón a única, das poucas que traballan así, de aí que nos sexa tan custoso manter as actividades e incluso atopar profesionais que se adapten a nosa forma e ritmo de traballo. Todos os proxectos e actividades dependen da participación e a calidade dos e das mesmas vai ligada aos e ás profesionais que a guían. As cotas , tanto dos proxectos como das actividades, están fixados pensando na labor social que nos caracteriza.
Somos conscientes que o momento económico familiar non é doado, e se ata agora a nosa labor era importante, agora o noso obxectivo social é, para moitas familias dunha importancia vital (estamos falando de que moitas delas contan con nós para poder acudir aos seus traballos, moitos deles en precario ou ter tempo para poder encontrar un, ter un tempo para un mesmo ou mesma, …).
A Xunta directiva que presido é totalmente voluntaria, e todo os cartos que se nos conceden invértense no pago do persoal, material funxible para poder levar a bo fin todos os nosos proxectos.
Coñézanos e verán que é un proxecto que vale a pena, somos unha Asociación que posiblemente non vira outra igual en toda Galicia, por dinamismo, por ter unha oferta para cada membro da familia (comprendendo idades entre os 0 e 90… anos), por saber escoitar, por dar unha posible solución, por ter máis de 200 usuarios e usuarias diarias (entre o Club e a Asociación), …
Coñézanos e asegúrolles que non se arrepentirán.
Nota: Texto reproducido íntegramente de las memorias de la Asociación.
Es una asociación con mucha vida y aunque son un equipo marabilloso, no sería posible sin Malena y Ana, gracias por vuestro trabajo. Un usuario de la Asociación
ResponderEliminar